Arousa é terra inspiradora de artistas en todos os eidos da vida. Ademais das letras e das artes tamén temos persoeiros de primeiro nivel na gastronomía como é o caso de Culler de Pau, no municipio do Grove, todo un orgullo para a nosa comarca. As súas dúas estrelas Michelin sitúan a este restaurante na vangarda do sector e supón un atractivo sin igual para a desestacionalización do turismo. Parabéns tamén a vos, Amaranta e Javier polo voso traballo e pola promoción que facedes da nosa terra e do noso mar. Grazas.