O mural de Luísa Villata xa mira ao mar dende o Paseo Marítimo da Coruña

Lidia Cao encargouse da obra que loce á altura das Lagoas
O mural de Luísa Villata xa mira ao mar dende o Paseo Marítimo da Coruña
Mural de Luísa Villalta na Coruña | Javier Alborés

O mural co que Gadis quere deixar a pegada das Letras Galegas no Paseo Marítimo da Coruña durante todo o ano xa está rematado na cidade natal de Luísa Villalta

 

Lidia Cao deu os últimos trazos e a figura da escritora xa loce á altura das Lagoas, ollando ao mar coa particular interpretación desta artista galega con proxección nacional e internacional. A localización elixida, coa colaboración do Concello da Coruña, está pensada para que milleiros de persoas poidan visualizar a obra.

 

“Pintar este mural significou pintar un anaquiño da historia de Luísa, nun lugar privilexiado. Poder ter contacto coa propia familia foi moi enriquecedor. Que a súa irmá me comentara que tiña os ollos verdes foi  revelador para poder representar algo que para min é moi importante como a mirada”, sostén Lidia Cao, quen tamén incidiu en que “me gustou moito poder sentirme tan libre á hora de expoñer meu punto de vista artístico, o lugar escollido e todo o proceso”.
 

O mural de Luísa Villata xa mira ao mar dende o Paseo Marítimo da Coruña

Te puede interesar