A seleccionadora nacional, Laura del Río, chamou, de maneira excepcional, a 30 xogadoras para os adestramentos do 6 de novembro ata o 8 do mesmo mes na localidade alacantina de Alfaz del Pi. Na convocatoria figura a galega Laura Tubío, xogadora do Victoria FC que milita na Terceira Federación e habitual na Selección Galega sub 15.
A boirense, formada nas categorías inferiores da EFM Concello de Boiro, recalou esta mesma campaña no Victoria FC despois de despuntar coa Selección Galega, coa que se proclamou campioa de España da Fase Prata en Huelva.
Esta concentración servirá de toma de contacto para as 20 xogadoras que disputarán o Torneo de Desarrollo de UEFA sub-15 que se xogará en Lisboa (Portugal) do 13 ao 23 de novembro.