O Campionato Galego de Slalom chega hoxe a Rianxo con récord de inscritos

O Campionato Galego de Slalom chega hoxe a Rianxo con récord de inscritos
Rianxo acolle hoxe a novena edición do Slalom que organiza a Escudería Rallyactividad | da

O Campionato Xunta de Galicia retorna hoxe actividade despois de máis de un mes de parón coa sexta cita puntuable, o Slalom de Rianxo, que na súa novena edición bateu o seu récord personal de inscritos con 45 equipos na liña de saída. A cita coruñesa que organiza a Escudería Rallyactividad Competición, cun trazado rápido inda que técnico nas inmediacións do Polígono Industrial de Té, contará coa presenza dos principais candidatos ao triunfo absoluto, ademáis dos participantes dentro da modalidade de debutantes e os distintos trofeos que se engaden á competición.


Antonio Amor, Daniel Mellado ou Aitor Fornos, entre outros, buscarán o triunfo ante a ausencia do líder do certame Rubén Gandoy.  En canto aos horarios, as verificacións técnicas serán na Praza Castelao de 9 a 10:30 horas.  A proba comezará ás 12:00 horas do mediodía coa primeira manga de adestramentos oficiais.A partir das 16:30 horas terá lugar o segundo paso dos inscritos polo trazado para afrontar a continuación as dúas mangas oficiais de competición.


A entrega de premios terá lugar na Praza de Castelao de Rianxo ás 21:15 horas. A proba reparte un total de 950 euros en premios. 

O Campionato Galego de Slalom chega hoxe a Rianxo con récord de inscritos

Te puede interesar