Este domingo 19 decídese o segundo equipo que ascenderá a Preferente xunto co Atlantida Matamá. Tamén se confirmarán os dous conxuntos que xogarán a promoción de ascenso. Unha pelexa na que se atopan Umia, San Martín, e o Beluso. O Umia é o único equipo dos tres que depende de si mesmo, xa que actualmente é o segundo clasificado, con 61 puntos, polo que se gaña o seu partido na casa frente o Chaín, será equipo de Preferente independentemente do que fagan os seus perseguidores.
“O equipo está ben, non hai razóns para non estalo, xa que dependemos de nós mesmos, estamos nunha boa situación”, conta Sergio Martín. “O partido vai ser difícil porque eles son un equipo que defenden moi ben no último tercio, pero vamos a sacalo adiante sí ou sí porque temos que ascender”, afirma.
Pola súa parte ,o San Martín atópase na terceira posición con 59 puntos, que da acceso a os playoffs. O equipo de Lino González, para conseguir o ascenso directo, deber gañar no seu feudo contra un Santa Mariña xa salvado, e que o Umia non sume os tres puntos no seu encontro. “Que o noso rival non se xogue nada é un arma de dobre fío, non teñen presión” comenta o míster.
“O noso obxetivo real contra o Santa Mariña é gañar e conseguir a terceira plaza, para poder xogar o noso partido de volta na casa coa nosa xente, se logo o Umia pincha perfecto” afirma o técnico do San Martín, que espera ver a un equipo recoñecible e coa mesma mentalidade do pasado partido.
O equipo, tras a vitoria contra o Val Miñor a pasada xornada, cortou unha mala xeira que deu moita confianza. “Foi unha vitoria necesaria, fixemos un moi bo partido. Espero que os xogadores estén tranquilos de cara ao partido do domingo” explica Lino. Por outra banda, o Beluso é cuarto con 58 puntos. Dos tres equipos, é quen o ten máis complicado para conseguir esa segunda praza, xa que necesita que o Umia perda o seu partido e que o San Martín non gañe. Pese á dificultade, o Beluso tratará de conseguir os tres puntos contra o San Adrián, pensando en chegar ben ao play-off.