Gonzalo Salgado: “Gústame reflectir os valores do deporte"

Gonzalo Salgado: “Gústame reflectir os valores do deporte"
Gonzalo Salgado recibe hoxe un premio na Gala do Deporte | da

Na XXXII edición da Gala do Deporte que se celebra hoxe en Vilagarcía, o fotoxornalista de Diario de Arousa Gonzalo Pérez Salgado recibirá a mención especial polo seu labor no apartado de medios de comunicación. 
Gonzalo Salgado comezou en Diario de Arousa no ano 2009. Desde entón e a través do obxectivo da súa cámara foi recollendo os momentos destacados da vida na comarca, ilustrando as noticias do xornal con fotografías nas que o deporte ocupa un amplo espazo dende que naceu a cabeceira hai case 25 anos. 


Deportistas e afeccionados están habituados a velo cada fin de semana en campos, pavillóns, pistas ou deportes náuticos... sempre coa súa cámara ao lombo, silencioso e moi hábil á captura dunha imaxe. Hoxe no Salón García tócalle estar ao outro lado e ser el o protagonista.

 

Como empezou o seu interese pola fotografía?
Dende sempre foi algo que me chamou a atención. Por iso cando rematei o instituto xa fixen un ciclo e logo marchei a Barcelona a unha escola de fotografía para ampliar coñecementos.

 

Gústalle facer cobertura de deportes?
Si, moito. Gústame facer todo tipo de deportes, sobre todo os que son máis movidos. Outra cousa que me gusta é recoller as emocións dos deportistas e os valores que teñen, sobre todo o esforzo. É algo que intento reflectir nas fotos. Mola moito cando se emocionan por unha gran vitoria. Ao estar aí no medio deles, contáxiante desas emocións e é imposible non empatizar con eles.

 

Que momento ou imaxe deportiva destacaría ao longo destes 16 anos no Diario de Arousa?
Pois hai moi bos momentos. Non me quedaría só con un deles. O fútbol é un dos que máis me gusta facer porque son afeccionado (do Deportivo) e xogaba de cativo. Tamén é o deporte do que máis fotos fago.  

Gonzalo Salgado: “Gústame reflectir os valores do deporte"

Te puede interesar