Haberá 16 traineiriñas de Arousa mañá en Moaña

Haberá 16 traineiriñas de Arousa mañá en Moaña
Os títulos de campións galegos de traineriñas decídese esta fin de semana en Moaña /DA

Moaña acolle esta fin de semana o Campionato Galego de traiñeiriñas en augas da Mosqueira, onde haberá una ampla representación arousana nas categorías cadete, xuvenil e absoluta, tanto feminino como masculina. 

 

O Autonómico estará organizado pola S.D. Tiran Pereira. Os participantes conqueriron o seu bilete nos pasados campionatos terrirorias. No Norte disputado en Cabo, Náutico de Boiro gañou en cadete feminino e en cadete masculino, mentres que Cabo impúxose nas dúas categorías absolutas. Meira foi o escenario do Territorial Sur, no que Mecos foi segundo en cadete feminino e en cadete masculino .Pola súa banda, Vilaxoán foi terceiro na categoría absoluta masculina. 

 

Ademáis destas tripulacións arousanas, tamén remarán Amegrove e Rianxo (Absoluto masculino), Mecos e Rianxo (Absolutas feminina), Puebla e Cabo (cadete masculino),  e Puebla e Náutico Ribeira (cadete feminino). Na categoría xuvenil disputaranse directamente o domingo as finais, onde estará Puebla na categoría masculina xunto a Tirán, Chapela, Bueu e Urme. O sábado a partir das 17 horas serán as eliminatorias, que decidirán as embarcacións que o domingo, dende as 11:30, competirán polo trono galego da modalidade. 

Haberá 16 traineiriñas de Arousa mañá en Moaña

Te puede interesar