Iván Trinta, do Breogán, cruza media Europa para padexar 220 quilómetros en táboa de SUP

Iván Trinta, do Breogán, cruza media Europa para padexar 220 quilómetros en táboa de SUP
Iván Trinta afronta un novo desafío nos canais dos Países Baixos

O padexeiro do Club Breogán Iván Treinta afronta nos Países Baixos a SUP 11-City Tour, un desafío de 220 kilómetros en táboa de "stand and paddle" (SUP) que se disputa durante cinco días dende mañá mércores ata o domingo. Iván viaxa en furgoneta dende O Grove para cruzar media Europa por estrada, acompañado do director técnico do Breogán, Jose Luis Otero Padín,  e de Miguel Otero.


A SUP 11-City Tour é un evento desafiante que leva os participantes nunha viaxe de 220 quilómetros a través dos pintorescos canais de Frisia nos Paises Baixos. Esta será a decimoprimeira edición e cada día os participantes deberán afrontar  longas distancias, desde algo máis de 48 quilómentros o primeiro día, aos 27 do último. 

 

O evento cita a a algúns dos mellores atletas do SUP en longa distancia de todo o mundo, cada un deles decidido a esforzarse ata o límite para acadar a súa mellor marca persoal. Os padexeiros adestran rigurosamente nos meses previos ao evento, perfeccionando a súas técnicas e desarrollando a súa resistencia para afrontar o agotador percorrido. Iván Treinta encara un reto de moita esixencia física e mental, pero disposto a gozar de coñecer xente e novos paisaxes enriba da súa táboa. 

Iván Trinta, do Breogán, cruza media Europa para padexar 220 quilómetros en táboa de SUP

Te puede interesar