Viaqua, empresa galega líder na xestión do ciclo integral da auga, celebrou na súa sede, A Vila da Auga, o acto de sinatura dos convenios do seu programa ‘Auga, Saúde e Infancia’, unha nova iniciativa social coa que reafirmou o seu compromiso co benestar das persoas nos municipios onde está presente. Este programa busca apoiar proxectos que promovan accións e actividades asistenciais, sanitarias, científicas e de lecer. Os proxectos seleccionados traballan desde distintas perspectivas, pero comparten o enfoque de mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias.
Entre as entidades beneficiarias desta primeira convocatoria atópanse a Fundación Andrea, Down Compostela, Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, Aspanaes, Asotrame e Asanog. Representantes destas entidades asistiron á sinatura dos convenios, onde tamén estiveron Nicolás Esmorías, director executivo de Viaqua, e Javier Díez, director territorial de Veolia.
Nicolás Esmorís subliñou que “desde Viaqua entendemos que somos parte activa das comunidades nas que traballamos e con ‘Auga, Saúde e Infancia’ queremos contribuír a crear sociedades máis xustas, sostibles e saudables”. l