Francisco Suárez-Puerta denuncia a deixadez e abandono da parroquia de Olveira

Francisco Suárez-Puerta denuncia a deixadez e abandono da parroquia de Olveira
Francisco Suárez-Puerta Colomer es el candidato del PSOE a la Alcaldía de Ribeira

O PSdeG-PSOE de Ribeira denunciou “o deixamento e abandono” que sofren os veciños da parroquia de Olveira a mans do actual Executivo local. Segundo indicou o candidato socialista á Alcaldía, Francisco Suárez-Puerta, durante a súa intervención nun mitin na citada parroquia, o mantemento na mesma “brila pola súa ausencia" e que "estamos no ano 2023 e aínda moitas zonas desta parroquia carecen de saneamento”. O alcaldable  do partido do puño e a rosa destacou que “non existen papeleiras e os contenedores están en mal estado”, e que os veciños sofren diariamente o “deixamento provocado polo goberno local actual”, o cal provoca, ao seu xuizo, “constantes desbordes por non limpar os sumidoiros”.


O cabeza de lista do PSOE sinalou en Olveira que “as cunetas están sen limpar, moitos camiños carecen de asfalto” e, no que respecta ao polideportivo de Sirves, “os farois están rotos e a rede de sumidoiros carece de mantemento”. Para finalizar, destacou a “irresponsabilidade de que neste edificio o pararraios e a baixada de augas estivesen xuntas”. Por outra banda, no que respecta ao transporte, indicou que “a sensación dos veciños é a de que non existen autobuses e que é imposible saber cando virán”. Por estas razóns, o PSdeG-PSOE comprometeuse cos veciños de Olveira a “defender os seus intereses e a non permitir que a situación na que se atopan se perpetúe”.

Francisco Suárez-Puerta denuncia a deixadez e abandono da parroquia de Olveira

Te puede interesar