O rianxeiro Xosé Agrelo, que foi multado con 600 euros polo simple feito de reclamar o seu dereito de ser atendido en galego no centro de saúde de Rianxo, en abril de 2021, foi esta mañá a xuízo, co apoio da Mesa pola Normalización Lingúística, que sostivo que foi “despois dun proceso cheo de irregularidades”. Ás portas do xulgado agardábao unha concentración cidadá de apoio á súa “valentía”, por manterse firme na defensa dos dereitos lingüísticos, “fronte ao ataque das institucións que deberan defendelos”, dixo Marcos Maceira, presidente da Mesa, que denunciou que a intención da Administración sanitaria, da Policía Local de Rianxo e da Delegación do Goberno en Galicia detrás destes feitos é “amedrentar a calquera cidadán que manifeste intención de exercer os seus dereitos lingüísticos”. “Só así se explica que se admita como válido un atestado no que esa Policía Local admite ter mentido a un cidadán sobre as garantías de exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos pola Lei de Emprego Público de Galicia, polo Estatuto básico dos empregados públicos, pola Lei de Normalización Lingüística, pola Lei Orgánica de Estatuto para Galicia ou pola Carta Europea das Linguas”, subliñou Marcos Maceira, quen detallou que a multa xa foi pagada pra evitar maiors custes, "e estamos pedindo que se reboque e se lle devolva o diñeiro".
Desde a Mesa indicaron que, “perante esta tentativa policial e da Delegación do Goberno español de amedrentar a cidadanía que, amparada pola lexislación, solicite ser atendida en galego, o cidadán afectado, asistido polos nosos servizos xurídicos, presentou recurso”. E agregou que a entidade de defensa da lingua recorda que calquera cidadán que vexa vulnerados os seus dereitos lingüísticos pode solicitar axuda a través da Liña do Galego e asegura que se puxeron en contacto coa Delegación do Goberno en Galicia para pedir unha xuntanza co responsable e para exixir formación ao respecto para as forzas e corpos de seguridade do Estado, co obxectivo de que esta situación non se volva repetir. Maceira recalcó que "a esta persoa, Xosé Agrelo, non só se lle negou o dereito a usar o galego, senón que, ademáis, a resposta da Policía Local de Rianxo foi multando, e despois a Delegación do Gonberno en Galicia aínda corroborou e afirmou que esa multa tiña algún motivo". E recordou que desde a Mesa pola Normalización Lingüística se dirixiron varias veces á Delegación do Goberno para solicitar a anulación e arquivo do proedemento e hoxe temos que chegar a este xultado do contencioso-administrativo de Santiago como recurso á multa que se lle impuxo".
O presidente da Mesa engadiu que neste caso conflúen "que a Xunta de Galicia segue a negar o dereito a usar o galego na propia Administración auonómica co actitude da Delegación do Goberno que mantén medidas de presión e de amedrentamento á poboación que quere usar o alego nos servizos públicos". E agregou que, máis recentemente, deuse outro caso dunha persoa nunha comisaría de Pontevedra "que tivo outro incidente coa propia Policía e acabou falando en españole ao que lle acabaron de impoñer unha multa". Por tanto, ao xuízo de Marcos Maveira, existe "connivencia" na Xunta de Galicia e na Delegación do Goberno español para "amedrentar á poboación que se atreve con toda a dignidade a reclamar o seu dereito ao uso do galgo". Desde a Mesa subliñaron que "evidentemente, non imos consentir istoPoden ir tomando nota o señor Rueda, o conselleiro de Cultura, o delegado do Goberno e o ministro de Interior, porque imos responder a todos estes casos", agora pedindo nste xulgado que se retire esta multa e se compende a este cidadán, e o faremos diante de todos os casos que haxa de represión en pleno ano 2024 polo simple feito de usar o galego"."