Alumnos de O Grove e A Illa acadan o segundo e terceiro postos nos Premios DígochoEu

Alumnos de O Grove e A Illa acadan o segundo e terceiro postos nos Premios DígochoEu
A gala foi hoxe, pero emitirase en TVG este venres, ás 11:30 | cedida

Dous dos Premios DígochoEu da TVG foron este ano para O Salnés. Así, na categoría de Secundaria, o premio de Prata foi para o IES As Bizocas de San Vicente de O Grove, que presentou un traballo titulado “Díghocho meu!”; mentres que o IES Illa de Arousa levou o de Bronce, co vídeo chamado “A dorna das cen palabras”.


Estes galardóns, que valoran vídeos sobre a lingua galega, acadaron a súa terceira edición, na que se presentaron un cento de traballos, de alumnos de toda Galicia. Arredor de 500 escolares, os seus mestres e familiares encheron o anfiteatro da Cidade da Cultura de Compostela este xoves nun evento que foi retransmitido pola plataforma dixital AGalega.gal e será emitido tamén por TVG neste Día das Letras Galegas, ás 11:30 horas.


Na citada categoría de secundaria, levou o Ouro o IES Xermán Ancochea Quevedo, da Pobra de Trives. Na de Primaria, os premios foron para o CPI Plurilingüe Cabo da Area, de Laxe; o de Prata levouno o CEIP A Maía de Ames, e o Bronce recaeu no CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba. 

Alumnos de O Grove e A Illa acadan o segundo e terceiro postos nos Premios DígochoEu

Te puede interesar