Marta Dacosta resalta desde Cambados unha débeda histórica de recoñecemento coa figura de Castelao

Marta Dacosta resalta desde Cambados unha débeda histórica de recoñecemento coa figura de Castelao
Público asistente no acto | Gonzalo Salgado

A investigadora Marta Dacosta subliñou que, 75 anos despois da súa morte, existe aínda unha débeda de recoñecemento con Castelo e insistiu na necesidade de difundir a figura íntegra do nacionalista na conferencia organizada polo BNG e a Fundación Galiza en Cambados.


No acto reivindicouse a súa condición como primeiro presidente de Galiza e lamentouse que “se continúe a teimar deturpar a súa figura ocultando ou negando a súa clara condición nacionalista, o que deixa a vista que a súa figura aínda é incómoda”. Por iso, Dacosta reivindicou o seu “legado político, a súa xenerosa e brillante obra e a súa traxectoria de compromiso co noso país que teñen que ser guía para continuar defendendo os nosos intereses, os das clases populares e tamén as loitas de liberación nacional no mundo e de costas á orde internacional que impoñen as grandes potencias colonizadoras que é a grande lección que nos deixou”.


Distintas personalidades coñecedoras da figura de Castelao como Francisco Rodríguez, Pilar García Negro,  Xoán Carlos Garrido Couceiro ou a propia Marta Dacosta participan nun ciclo de conferencias neste ano en que se cumpre o 75 aniversario do seu falecemento. 

Marta Dacosta resalta desde Cambados unha débeda histórica de recoñecemento coa figura de Castelao

Te puede interesar