O artista multidisciplinar Abraham Cupeiro actuará o venres 22 no Auditorio Municipal a partir das oito da tarde con entrada gratuíta ata completar aforo. Farao para presentar o seu espectáculo “Resoando no pasado”, un concerto-monólogo no que viaxa ao pasado máis remoto da nosa especie a través dos sons dos instrumentos de vento que ten recuperado e forman parte da súa colección, que consta de máis de 200 instrumentos. Con eles interpreta música da súa época ata a actualidade.
Trátase dunha cita para todos os públicos que chega a Vilagarcía co gallo do día de Santa Icía e para conmemorar o vixésimo aniversario da posta en funcionamento do Conservatorio Profesional de Música da cidade. Cupeiro é un recoñecido artista galego, profesor de Conservatorio e que ten ofrecido máis de 250 actuacións nos últimos anos.