Unha temperatura de luxo pese a un nordés que non amainou e a illa de Cortegada como telón de fondo convertéronse no escenario perfecto para a celebración do Día das Letras Galegas en Carril. A localidad converteuse un ano máis no epicentro das celebracións dun día moi sinalado para a cultura galega. Así pois a música da terra xa empezou a soar en Carril a partir das once da mañá, aperitivo perfecto para a ofrenda floral (este ano con máis asistencia ca nunca) ante a figura de Rosalía que está ubicada moi próxima ao local do Gato Negro e a ese mar que ela vía dende a súa ventá cando visitaba a Ría de Arousa. Na Praza da Liberdade o escenario listo para a actuación de De Vacas, que estreou o Himno Galego na súa versión máis romántica e que –ante un público entregado– conseguiu abarrotar nunha sesión vermú na que as súas versións máis coñecidas foron cantadas e aplaudidas. Todos os temas acompañados das súas mensaxes picantes e con tintes feministas que non deixaron indiferentes a ninguén. A homenaxe de Vilagarcía ás letras galegas continúa ao longo de todo este mes con dúas exposicións en torno á figura de Fernández del Riego, unha no Auditorio e outra na Biblioteca Municipal.