O folk demostra estar “moi vivo” en Vilagarcía e afianza a romaría no Alobre

A música tradicional segue a estar moi viva en Vilagarcía e así o demostra o éxito dunha nova edición do Folk no Alobre. Pese a ser unha cita adiada e á ameaza de choiva que obrigou a ubicar os concertos na Peixería a cita foi todo un éxito dende a mañá e ata a tardiña
O folk demostra estar “moi vivo” en Vilagarcía e afianza a romaría no Alobre
O xantar demorado tivo lugar no parque do Castriño

A música tradicional en todas as súas versións volveu a soar con forza en Vilagarcía. Fíxoo da man dunha nova edición do Folk no Alobre, unha cita que ano tras ano conta con máis seareiros e que xa é un clásico no calendario festivo da cidade. Pese a que foi unha cita adiada pola choiva e que as previsións obrigaron a desprazar os concertos e actuacións ao interior da Praza da Peixería, o espírito da romaría popular respirouse igualmente entre nenos e adultos.


A xornada arrincou ás once da mañá na Praza de Ravella. Alí o polifacético Xurxo Souto –acompañado dun guía turístico oficial– foi o encargado de romper o xeo nun roteiro que percorreu partes importantes da cidade camiño do Castro Alobre. Non o fixo en silencio, senón que foi a música dos Demos da Petaca a que os acompañou como se fose unha alborada de calquera xornada festiva. Porque esa era a atención do Folk no Alobre, ser unha festa aberta á participación. E si, conseguírono.


Por mor da choiva –e como xa fora advertido– as actividades dividíronse entre o propio parque Valdes Bermejo pola mañá e a Praza da Peixería pola tarde. O xantar – dado que a climatoloxía aguantou bastante ben para a comida– puido facerse aínda nun entorno envexable. Sentados en mesas ou no chan a xente gozou a sesión vermú e converteu o Valdés Bermejo nunha zona de picnic ao puro estilo tradicional.


Xa tras o xantar e a primeira hora da tarde a acción pasou a desenvolverse na Peixería. O ceo xa colleu tintes escuros ameazando coas primeiras pingueiras. Arrancou a actividade cun taller de baile no que participaron tanto os expertos coma os iniciados e a música foi tomando pouco a pouco o terreo da man das Pandereteiras Pesdebarro, da Asociación Cultural Nós de Sobradelo, Bailai Malditos, Tiruleque e Os d´Abaixo. Un menú idóneo para gozar da música da terra en boa compañía. 

O folk demostra estar “moi vivo” en Vilagarcía e afianza a romaría no Alobre

Te puede interesar