Os médicos da aldea: A xira teatral sobre as vivencias de Manuel Reimóndez chega a Vilagarcía con recordo para Moreira Casal

Os médicos da aldea: A xira teatral sobre as vivencias de Manuel Reimóndez chega a Vilagarcía con recordo para Moreira Casal
Presentación da obra de teatro no Concello I MÓNICA FERREIRÓS

"Todos os pobos teñen os seus médicos rurais", explica Xosé Lueiro, produtor teatral. En Vilagarcía existiu esa figura e un dos exemplos más importantes é o de Xosé Moreira Casal. Tamén en A Estrada, con Manuel Reimóndez, que chegou a ser alcalde aínda que non quería, e que escribiu un libro sobre as súas anécdotas.

 

Nesos relatos está baseada a obra "Un médico na aldea". De guionizala para o teatro encargouse Santiago Cortegoso, tamén da dirección, o que xa é en si mesmo un atractivo. Tamén os debuxos en directo que unha ilustradora fai en directo de cada unha das escenas.

 

Medio centenar de personas no escenario, actores da Escola de Artes Escénicas da Estrada e un relato que "chega ao corazón" e "fai saír ao público cun sorriso", explica Xulio Cores, membro do elenco e nexo que fixo posible a chegada da obra "Un médico da aldea", que poderá verse o venres, a partir deas oito e media da tarde, no Auditorio Municipal.

 

Manuel Raimóndez morreu nos anos noventa e na década dos cuarenta comezou a exercer como médico na súa vila natal, da que chegou a ser alcalde nos anos oitenta, posto que chegaba a abandonar, recorda Lueiro, para atender pacientes, a súa verdadeira vocación. A xira da representación, que comezou en febreiro, serviulles para comprobrar, incluso en Braga, que os médicos da aldea eran unha figura que traspasaba o ámbito local ou comarcal.

 

Dúas figuras moi recordadas

Así xorde tamén a charla "O médico dos pobres", apelativo co que se coñecía a Moreira Casal. Ambas figuras comparten moito en común. A súa ideoloxía galeguista. O recordo da súa figura a cabalo polas corredoiras. Tamén en barco no caso do estradense e pese a que "non sabía nadar", recorda Lueiro, que apunta que ambos deberon de coincidir no Ebro, cando atendían aos feridos durante a guerra civil. Dura etapa da que Moreira Casal saíu ferido na alma, cunha enfermidade con apenas 45 anos. Por entón, Reimóndez comezaba unha labor como médico que, sin sabelo, seguiría a estirpe do nacido no barrio de A Torre.

 

Foi así como se gañou o cariño do pobo, que se transmitiría de xeración en xeración en A Estrada. Ao igual que pasou coa figura de Moreira Casal en Vilagarcía. Sobre ambas figuras e as súas características falarase na charla que terá lugar na sala de conferencias do Auditorio, o xoves, ás oito da tarde. Estará presentada por Julio Cores e participará un neto do médico estradense, Enrique Reimóndez. Cloe Troncoso, historiadora da área de Cultura, abordará a figura de Moreira e tamén estará Xosé Lueiro.

 

O grupo de gaitas Froallo amenizará o acto, que ao igual que a obra de teatro e gratuito e de libre entrada e que contará coa participación dos actores Lorena Rozados e Gonzalo Várcacel. A concelleira de Cultura, Sonia Outón, destacou a importancia de recordar a "grandes persoeiros" que forman parte da "memoria histórica". Por elo, chaman a todos a asistir. En A Estrada, foron necesarias catro funcións. "Acercóusenos xente que dicía que eran eles os das escenas", recorda Lueiro.

 

 

Os médicos da aldea: A xira teatral sobre as vivencias de Manuel Reimóndez chega a Vilagarcía con recordo para Moreira Casal

Te puede interesar