Sabela, de Tanxugueiras, marcha moi emocionada do escenario de Revenidas

O concerto era un dos máis esperados da xornada do sábado e non decepcionou aos milleiros de persoas que se achegaron a Vilaxoán para velas en directo

As bágoas foron -xunto ao excelente directo- as protagonistas do concerto de Tanxugueiras no festival Revenidas. Tanto Olaia como Sabela, as dúas irmáns do trío máis recoñecido da música galega a nivel estatal, non puideron evitar a emoción a medida que ían avanzando no repertorio. Sabela incluso tivo que deixar uns momentos o escenario ao emocionarse na interpretación do tema "Hoxe, mañá e sempre", unha composición dedicada a aquelas persoas que faltan e que aínda se recordan.

 

O concerto estivo plagado de emocións e sorpresas de principio a fin. Tanxugueiras cantaron con Guadi Galego -outro dos concertos da tarde- e marcaron un directo ao que xa teñen acostumados aos seus seguidores. 

Sabela, de Tanxugueiras, marcha moi emocionada do escenario de Revenidas

Te puede interesar