Santa Rita bota máis dun baile con París de Noia, La Fórmula e Los Satélites

Santa Rita bota máis dun baile con París de Noia, La Fórmula e Los Satélites
Varela e Outón xunto co director da Banda, Suso Nogueira, na presentación das festas I GONZALO SALGADO

Haberá moita música, co anunciado Siloé na Xunqueira ou as tradicionais e necesarias charangas. Pero Santa Rita é verbeneira e botará máis dun baile con orquestas de sobra coñecidas, nun programa que se extende máis do normal, durante cinco días (do sábado 18 ao mércores 22) e que incluso terá réplicas, aínda que exclusivamente deportivas, durante a fin de semana seguinte.

 

París de Noia romperá o xeo o domingo (o sábado será o día do concerto), cun espectáculo que sempre recibe o favor da xente. "Trouxeron seis ou sete mil persoas o ano pasado", recorda Sonia Outón, edil de Cultura. Actuarán na Avenida da Mariña a partir das nove e media da noite.

 

No mesmo escenario, pero media hora máis tarde, estarán o martes 21 os músicos de La Fórmula, unha orquestra afincada en Vilagarcía, con integrantes locais e cunha axenda repleta de actuacións. O broche de ouro será a cargo dunha das orquestras con máis historia do territorio estatal: Los Satélites. Estarán en Vilagarcía o propio día grande, o mércores 22, a partir das nove e media da noite e no entorno, precisamente, de Santa Rita: En Alexandre Bóveda.

 

Outras actividades

A Feira Celta, que como dixo o alcalde, Alberto Varela, é xa "unha tradición máis" de Santa Rita, xunto ás procesións, rosquillas e pulpeiros, tamén estará este ano, desde o domingo 19, no entorno da Xunqueira, con actividades para todos os gustos.

 

A música estará presente todos os días, con pasarrúas como os de Unión Piñeira, A Queimada, Charanga Xuntanza, Lumarada de Cornazo, Os Terribles de Arousa ou Nosa Señora da Xunqueira. E haberá un lugar moi especial para a Banda de Música, cun concerto baseado en bandas sonoras de clásicos do cinema, como "Lo que el Viento se llevó" ou "Ben Hur".

 

Son algunhas pinceladas dun programa que inclúe tamén un dos concertos do ciclo Ágora Vermú (o de Fla-Meco no Piñeiriño o domingo) ou o Festivaliño on the road, con curtametraxes infantís na Baldosa.

 

"Non hai ningún vilagarcián, sexa ou non relixioso, que non conciba Santa Rita como algo moi noso", sentenciou o alcalde, Alberto Varela. Pronto terán ocasión de demostralo.

Santa Rita bota máis dun baile con París de Noia, La Fórmula e Los Satélites

Te puede interesar