A quinta edición do Tapalacón xa ten gañador: o mesón O Valenciano co pincho “Ventos de Entroido”, unha receita sinxela e elaborada con ingredientes habituais en calquera cociña pero que conquistou aos “chapantes” que, durante a pasada fin de semana, foron de ruta gastronómica por Cuntis. Eles foron os encargados de elixir a mellor tapa, outorgando 42 votos aos “Ventos de Entroido”, consistentes nunha masa de ovos e fariña á que se engaden grelos e chourizo antes de pasala pola tixola. O segundo posto recaeu nos “Petit choux de lacón con grelos” do Chistoso, un bar que soe ter moi boa aceptación no Tapalacón. De feito, xa o gañou en dúas ocasións. E o bronce foi para as “Croquetas verdes de lacón” do Parladoiro.
Foron un total de 12 establecementos hostaleiros de Cuntis os que participaron no certame, ofrecendo aos seus clientes dúas tapas por cada consumición e conseguindo que a vila termal fose un fervedoiro de xente entre venres e o domingo. O goberno local amosou a súa satisfacción pola gran acollida do Tapalacón e pola súa contribuición á potenciación turística da vila.
O premio ao gañador (unha reproducción de cerámica de Castrolandín) engregarase o día 7 na Gala do Chapante, na que se sorterán tamén tres lotes de produtos típicos.