Luis Zahera é un dos grandes referentes das artes escénicas en Galicia e desde que descubriu os encantos da Illa de Arousa xa é un arousán máis. Gañador dun Goya pola súa excelente interpretación en El Reino, o actor sempre busca refuxio na Arousa cando non está percorrendo a península enteira por motivos de traballo. Dalgún xeito, Diario de Arousa tamén forma parte da súa vida e de aí o seu agarimoso parabén. Moitas grazas, Luis e moita sorte nos teus proxectos profesionais e na vida.