Arousa conta con deportistas de primeiro nivel en case todas as modalidades, mais tamén con adestradores que están na elite. Un deles é Jordi Aragonés, o preparador físico da selección española de baloncesto feminino, coa que acadou grandes éxitos e dos que é un dos pilares fundamentais. Europeos, Mundiais e Xogos Olímpicos teñen con Jordi Aragonés un toque arousán. Moita sorte nos retos que tes por diante.