Uns douscentos municipios galegos acollerán este verán uns 2.700 espectáculos do programa da segunda edición de Cultur-on, presentado este martes pola Xunta e os promotores.
Trátase do segundo ano consecutivo que se desenvolverá ese programa iniciado o ano pasado cun total de 2.500 actividades e que, segundo a Xunta, na súa primeira edición tivo un custo duns catro millóns de euros.
O conselleiro de Cultura, José López, indicou na presentación do programa nun teatro da capital galega a súa vontade de "descentralizar a cultura", que xeralmente concentran as cidades.
López explicou a súa ambición de "conseguir universalizar o uso e goce da cultura en Galicia" e sinalou que iso inclúe á poboación en xeral e aos turistas, incluídos os que percorren o Camiño de Santiago.
O programa inclúe cinema, teatro, danza, música e outros espectáculos e actividades, subliñou López, quen encomiou o traballo n efectuado o ano anterior polos promotores de Cultur-on.
Ademais, considerou que a nova Consellería de Cultura, Lingua e Mocidade que dirixe ten "máis capacidade de xestión" e de "visibilizar o traballo no ámbito cultural".