A valguesa Aroa Castromán recibe o título de campioa galega de Motocross

A valguesa Aroa Castromán recibe o título de campioa galega de Motocross
A moza do Pino tamén acadou o terceiro posto no Campionato de Asturias e este ano disputará o Campionato de España / Cedida

Valga desborda talento en múltiples ámbitos e un é o deporte, con numerosos veciños que despuntan en diferentes disciplinas. É o caso da moza Aroa Catromán Figueira, veciña do Pino, que aos seus 15 anos de idade vén de recibir da Federación Galega de Motociclismo o título de campioa galega de Motocross, acadado na pasada temporada na categoría de féminas.

Aroa
Aroa durante unha proba de competición

Esta é a categoría na que adoita competir aínda que a escasa presenza feminina neste deporte provoca que, en ocasións, non haxa mozas suficientes para unha carreira e Aroa teña que participar na categoría masculina de 125 cc.

 

Como gañadora do Campionato Galego, Aroa, que ten entre os seus patrocinadores ao Concello de Valga, dará este ano un novo salto na súa corta pero intensa carreira, xa que disputará o Campionato de España. Ademais, na pasada temporada tamén acadou o terceiro posto no Campionato de Asturias.

AroaMotocross2
Arosa leva dous anos facendo motocross e xa é a mellor de Galicia da súa idade e categoría

A moza do Pino comezou a competir en Motocross fai arredor de dous anos e a súa evolución foi moi rápida. Dende pequena sempre lle gustou o mundo do motor pola adrenalina que conleva e porque a axuda a evadirse de todo o demais.

 

Cos títulos e os trofeos experimentou a parte feliz do deporte, pero tamén pasou por momentos máis baixos cando, fai seis meses, sufriu unha importante lesión: rompeu un pulso e luxou un cóbado. Pero iso non a fixo desanimarse e está adestrando máis que nunca para volver por todo o alto.

A valguesa Aroa Castromán recibe o título de campioa galega de Motocross

Te puede interesar