Limpeza de estrada tras unha colisión dun coche cun colector de lixo

Limpeza de estrada tras unha colisión dun coche cun colector de lixo

A dotación de garda do parque comarcal de Bombeiros de Ribeira foi requirida ás 01.02 horas desta pasada madrugada para proceder á limpeza dun tramo da estrada que había na Rúa de Sálvora, na parroquia de Aguiño, en Ribeira. Ao parecer, debeuse a un accidente de tráfico dun vehículo que deuse á fuga despois de chocar contra un colector de lixo e provocou que restos do mesmo se espallarsen polo bisl e pola beirarrúa, á altura do río Listres. Os profesionais pertenecientes ao Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con sede no lugar de Xarás procederon a barrer e retirar os restos de lixo para logo poder baldear a zona con auga a presión. No operativo tamén participou a Policía Local de Ribeira.

Limpeza de estrada tras unha colisión dun coche cun colector de lixo

Te puede interesar