A dotación de garda do parque comarcal de Bombeiros de Ribeira foi requirida ás 00.05 horas deste domingo para rescatar a tres persoas nunha vivenda da Rúa do Vilar, na parroquia ribeirense de Palmeira. O motivo do rescate debeuse á rotura das escaleiras de madeira do interior da vivenda, que conectaba o baixo co primeiro andar, onde se atopaban as tres vítimas. Unha delas levou un golpe nunha perna ao tentar baixar os chanzos. No operativo tamén participaron a Policía Local e Policía Nacional de Ribeira, así como un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.