Caldas repartirá 2.000 euros en premios no concurso de curtas en galego “Un idioma de cine”

Caldas repartirá 2.000 euros en premios no concurso de curtas en galego “Un idioma de cine”
O Concello organizou obradoiros para proxectar o galego no cine | Cedida

O Concello de Caldas repartirá 2.000 euros en premios no seu primeiro concurso de curtametraxes “Un idioma de cine”. Segundo explica o edil de Cultura, Manuel Fariña, o galardón créase para recompensar a implicación dos alumnos de 4º da ESO do IES Aquis Celenis, CPR San Fermín e CPI Alfonso VII nos obradoiros e charlas realizadas en outubro co fin de proxectar o talento no audiovisual e, á vez, promover o uso do galego no séptimo arte.


Nestas sesións, os escolares aprenderon como gravar as súas propias curtas e, visto o interese e implicación xurdido, a Concellería de Educación decidiu poñer en marcha o certame-concurso para potenciar a creatividade premiar os traballos máis talentosos.


O concurso será aberto e poderán participar mozos de ata trinta anos residentes en Galicia. As curtas presentadas poderán estar gravadas con calquera dispositivo, deben ter unha duración máxima de entre cinco e dez minutos e de temática relacionada co outono, podendo ser tanto de acción como de animación. O prazo de inscrición rematará o 10 de decembro e a participación debe comunicarse a través do rexistro do Concello, preferentemente a través da sede electrónica. O xurado estará composto por tres membros con voz e voto: o propio Fariña e dúas persoas con coñecementos técnicos sobre o mundo do audiovisual.


O primeiro premio será de 700 euros, o segundo de 500 eurose o terceiro de 300 euros. Así mesmo, haberá un galardón outorgado polo público á curta máis votada, que contará con un importe de 500 euros. Para poder ver as curtas presentadas a concurso, organizarase unha exhibición, cuxa data será publicada no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e difundida nas redes sociais de Encaldasme. Ao remate da exhibición, o público emitirá o seu veredicto depositando o seu voto nunha urna disposta a tal fin. Tras o reconto, procederase á entrega dos diferentes premios. 

Caldas repartirá 2.000 euros en premios no concurso de curtas en galego “Un idioma de cine”

Te puede interesar