Albergues públicos dispoñen dunha guía de boas prácticas para un Camiño inclusivo

No manual abórdanse, entre outros aspectos, a accesibilidade física, informativa e comunicativa
Albergues públicos dispoñen dunha guía de boas prácticas para un Camiño inclusivo
Un dos albergues que forman parte da rede pública en | Turismo de Galicia (Ep)

Turismo de Galicia, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, colaborou na edición da guía ‘Boas Prácticas de Inclusividade para os xestores dos Camiños de Santiago’  dentro do proxecto europeo Ultreia-Sudoe, no que participa xunto con outras entidades de España, Francia e Portugal.


Segundo detallou a Xunta, este manual está ao dispor do persoal da Rede Pública de Albergues do Xacobeo para ser consultada e favorecer así a inclusividade e a accesibilidade do Camiño.


A Guía busca ofrecer directrices claras e prácticas que axuden a xestores, administracións públicas e outros actores dos Camiños de Santiago a crear contornas máis inclusivas e accesibles para todos.


Na guía abórdanse, entre outros aspectos, a accesibilidade física, informativa e comunicativa, mediante o uso de ferramentas como a lectura fácil, pictogramas ou sistemas alternativos de comunicación, promovendo o deseño universal e o uso de criterios como os Dalco (Deambulación, Aprehensión, Localización, Comunicación) para garantir que todas as persoas gocen da peregrinación en igualdade de condicións. 

 

A meta desta colaboración entre os distintos socios do proxecto europeo é trazar unha estratexia transnacional que poida ser compartida por todos os Camiños.


Turismo de Galicia participa nesta iniciativa liderada pola Fundación Camiño Lebaniego e o seu principal reto é reactivar o turismo interior e o desenvolvemento rural tomando como eixo os Camiños a Santiago.


Para logralo, contan co apoio da Fundación Santa María a Real, así como doutras entidades como a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago Francés ou Amica, entidade que elaborou esta guía. 

Albergues públicos dispoñen dunha guía de boas prácticas para un Camiño inclusivo

Te puede interesar